PUBLICIDADE

A Xunta e Ribadavia apostan pola dinamización comercial local

PorBisbarra

Martes, 4 Marzo 2025 ,
Reunión entre o alcalde de Ribadavia, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o director xeral de Comercio e Consumo.Reunión entre o alcalde de Ribadavia, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o director xeral de Comercio e Consumo.

A Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia estudan iniciativas para dinamizar o comercio local e impulsar as compras de proximidade. Con este fin, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuníronse co alcalde de Ribadavia, César Fernández.

Os representantes autonómicos e municipal salientaron a importancia e necesidade de continuar con medidas como as que desenvolve o Concello de Ribadavia en colaboración co Goberno galego. Máis en concreto, as relacionadas coa mellora das infraestruturas comerciais e coa dixitalización do comercio tradicional. O obxectivo é potenciar o comercio como motor de dinamización socioeconómica e turística. Así mesmo, preténdese fusionar a tradición e a innovación, atendendo ás novas tendencias do mercado.

Neste sentido, o conselleiro destacou o labor do Goberno local para o aproveitar e poñer en valor o seu potencial turístico e enogastronómico, salientándoos como atractivos para a dinamización comercial. Entre este potencial destaca que a vila conta cun casco histórico medieval único e, como capital do Ribeiro, cunha destacada tradición vitivinícola e oferta termal.

PUBLICIDADE

Ademais, estudarase a creación dun calendario coordinado de eventos comerciais no casco histórico, como feiras e mercados artesanais e xornadas de promoción de produto loca. A finalidade é fomentar a atracción de visitantes, potenciar o atractivo do concello durante todo o ano e, ao mesmo tempo, fortalecer o comercio local. Trátase de actuacións que concordan coa esencia do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que se prevé ter finalizado neste primeiro trimestre.

Neste eido, o Goberno galego está a realizar un importante esforzo a prol do pulo ao comercio de proximidade e demandou ao Executivo central maior colaboración para potenciar este eido. Máis en concreto, a Xunta solicitou ao Goberno estatal a asignación de fondos europeos que reservou e non está a executar.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.