PUBLICIDADE
Desfile de Peliqueiros durante o Entroido na localidade de Laza na provincia de Ourense, dos que existen moitas variantes como as Pantallas, os Cigarróns ou os BoteirosDesfile de Peliqueiros durante o Entroido na localidade de Laza na provincia de Ourense, dos que existen moitas variantes como as Pantallas, os Cigarróns ou os Boteiros

A declaración do Entroido galego, en todas as súas vertentes, como Ben de Interese Cultural ben dada pola acreditación do seu valor sobranceriro como “patrimonio inmaterial da nosa Comunidade”

O Entroido galego, en todas as súas vertentes e modalidades, vén de ser declarado Ben de Interese Cultural, onte 3 de marzo, tal e como explicou o presidente Alfonso Rueda ao remate do Consello da Xunta no que se aprobou o decreto desta declaración, que responde á consideración da acreditación do valor sobranceiro do Entroido galego como “patrimonio inmaterial da nosa comunidade”.

Así, e tal como anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o pasado 27 de febreiro en Xinzo de Limia, durante un acto no que destacou o Entroido como “unha das tradicións galegas con máis arraigamento popular”, esta celebración conta dende onte coa máxima protección “acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial”, precisou o conselleiro.

Esta declaración como Ben de Interese Cultural poñe fin a un proceso iniciado no ano 2024 para otorgarlle esta distinción ao Entroido galego, e que chega tras recibir os informes favorables do Consello da Cultura Galega e do Museo do Pobo Galego sen que se rexistrase ningunha alegación contra o recoñecemento, e supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.

PUBLICIDADE

O Entroido galego ten unha incalculable importancia e un gran valor dende o punto de vista histórico, etnográfico e cultural, cunha relevante presenza nas artes e nas letras dentro e fóra da nosa Comunidade” (Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia).

López Campos tamén destacou hoxe martes, durante o Encontro e Vivas dos Xenerais da Ulla de Couso, na Estrada, que contan coa consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia, “a diversidade e riqueza patrimonial das diferentes celebracións do Entroido galego.

O responsable de Cultura do Goberno galego destacou tamén o Entroido como “unha clara demostración da pluralidade desta celebración, que é unha das máis estendidas polo territorio galego e tamén das máis queridas e populares”.

Ademais, López Campos celebrou que, con esta nova declaración, xa son 784 os Bens de Interese Cultural existentes en Galicia. Deles, 111 foron declarados dende a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, “unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno galego por protexer, conservar e poñer en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.