PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

20 alumnos rematan a formación no Obradoiro ferrolán O Montón

PorBisbarra

Venres, 13 Decembro 2024 , ,
Acto de entrega de diplomas ao alumnado que rematou o Obradoiro dual de emprego O Montón.Acto de entrega de diplomas ao alumnado que rematou o Obradoiro dual de emprego O Montón.

Unha vintena de persoas remataron a súa formación como alumnado-traballador do Obradoiro dual de emprego O Montón. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; e o concelleiro de Emprego, Javier Díaz, participaron no acto de entrega de diplomas no pazo municipal.

A formación contou con dúas especialidades formativas na rama forestal; actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Cada unha delas superou as 1.800 horas formativas entre teoría, práctica e formación complementaria. Ademais, o labor do alumnado-traballador permitiu recuperar a parcela municipal a carón do Club de Suboficiais e convertela nun espazo de recreo para a cidadanía.

O Obradoiro O Montón foi posible grazas ao investimento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que ascendeu a 531.046 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os 20 alumnos e alumnas que participaron no obradoiro fixérono ao abeiro dun contrato para a formación e alternancia, cobrando o salario mínimo interprofesional. Desenvolveron traballos de limpeza e recuperación da parcela municipal a carón do Club de Suboficiais e de tala na parcela que estaba plantada con eucaliptos. Así mesmo, executaron traballos de repoboación e aproveitamento forestal e de preparación de camiños, entre outros.

Imaxe tras o acto de entrega de diplomas ao alumnado do Obradoiro
Imaxe tras o acto de entrega de diplomas ao alumnado do Obradoiro

O alcalde ferrolán felicitou a todos os participantes e amosou a súa satisfacción ao ver que “esta formación serviu ao alumnado no seu camiño como profesionais cualificados”. Asemade, o rexedor sinalou o emprego como “un dos medios que permite ás persoas contribuír á sociedade” e garantiu o compromiso do Concello de Ferrol coas desempregadas, estudando os principais nichos de emprego para ofertar unha formación dual.

Rey Varela finalizou agradecendo o traballo ao alumnado e ao equipo docente e técnico, así como á colaboración da Consellería de Emprego, e convidou á cidadanía a desfrutar do novo espazo no Montón.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.