O Concello do Pereiro de Aguiar reforza o seu compromiso coa conciliación familiar, no marca do Programa de Conciliación. Así, nas datas de vacacións escolares, ofrece o servizo da Aula Concilia para as familias con fillos ou fillas cursando actualmente dende 4º de educación infantil ata 6º de Primaria.
Así, os nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020 poderán gozar deste servizo no CEIP Ben Cho Shey os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. As inscricións deberanse realizar de xeito presencial ou a través da sede electrónica ata o 17 de decembro.
A maiores, o Concello do Pereiro de Aguiar organiza tres obradoiros de carácter lúdico-deportivo no pavillón municipal para a rapazada nada entre o 2012 e 2018. Estes artéllanse ao redor do día de Nadal, fin de ano e Reis e xa está aberta a inscrición, ata o 18 de decembro.