PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

20 alumnos rematan o obradoiro de emprego de albanelería e xardinería en Barbadás

PorBisbarra

Luns, 25 Novembro 2024 ,
Clausura do obradoiro de emprego de albanelería e xardinería en Barbadás.Clausura do obradoiro de emprego de albanelería e xardinería en Barbadás.

O Concello de Barbadás celebrou o acto de clausura do obradoiro de emprego no Centro Empresarial Transfronteirizo. Así, 20 alumnos e alumnas acadaron o certificado de profesionalidade en “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” e “Fábrica de albanelaría”.

No acto, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, felicitou ao alumnado por ampliar a súa formación e mellora da inserción laboral. Ademais, agradeceu o seu traballo para “mellorar as infraestruturas da nosa contorna e a calidade de vida dos veciños e veciñas que desfrutan delas”.

Tamén acudiron a esta clausura os rexedores Ricardo González, do Concello de Toén; Avelino Pazos, de Castrelo de Miño; e Álvaro Vilar, de Taboadela. Estes concellos tamén participan neste obradoiro. Así mesmo, estivo presente no evento a Directora Territorial de Emprego da Xunta de Galicia, Marta Vázquez.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O alumnado do obradoiro realizou unha formación de 1.920 horas, combinando sesións teóricas e prácticas. Na clausura do mesmo, os representantes municipais e autonómica agradeceron aos participantes o seu traballo e desexáronlles o mellor na súa etapa laboral

O éxito desta iniciativa “conséguese grazas á colaboración entre administracións e o bo facer do alumnado”, asegurou o rexedor barbadés. Ademais salientou que é xa a terceira edición deste obradoiro de emprego.

O vindeiro 2 de decembro comezará outro obradoiro de emprego na localidade para seguir impulsando a inserción laboral, tamén nos núcleos rurais e con traballadores formados.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.