PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

FADEMUR pide maior atención a violencia de xénero no rural

PorBisbarra

Luns, 25 Novembro 2024 , , , ,
Mónica Penas González, veciña de Toques recolleu o recoñecemento ao compromiso co sector primario e o territorio

A Federación de Mulleres Rurais de Galicia, (FADEMUR) reuniu a máis de 400 mulleres dos concellos rurais da provincia de A Coruña participaron no acto central de celebración do Día internacional das mulleres rurais, que nesta edición se celebrou no Mosteiro de Sobrado os Monxes.

O evento que contou un ano mais coa colaboración da Deputación de A Coruña, tivo como elemento central a dramática situación das mulleres que sofren violencia de xénero no medio rural galego e que ten unha especial relevancia como se desprende dos datos que din que mais do 50% do asasinatos machistas en Galicia tiveron lugar en concellos rurais galegos.

Tendo en conta esta realidade, desde FADEMUR Galicia reclámase que se habiliten campañas de sensibilización pensadas para o medio rural, no que os estudos realizados falan de que 6 de cada 10 mulleres coñecen un caso de violencia machista no seu entorno. Ademais precísanse mais recursos, xa que cada vez os postos da garda civil están mais lonxe e os centros de información á muller saturados de traballo. Para Verónica Arrojo, presidenta de FADEMUR “son precisas medidas específicas e unha maior atención das vítimas rurais, modificar as medidas de protección que moitas veces no rural non son efectivas nin fáciles de cumprir.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Durante a inauguración da xornada na que tomaron a palabra o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Sobrado,  Lisardo Santos, a presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos, o prior do Mosteiro de Sobrado, Carlos Gutierrez, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García quen afirmou que “se queremos atraer poboación o entorno rural evitando o envellecemento e o despoboamento do rural, temos que apostar pola calidade de vida a través da creación de emprego e a posta en marcha de servizos e dotacións” e destacou o papel que poden supoñer os fondos europeos Next Generation

xa que contemplan como un  dos eixos centrais avanzar na igualdade de xénero mediante a aplicación de medidas transversais orientadas a elevar a taxa de emprego feminino, a mellorar, fortalecer e reorganizar o sistema de coidados de larga duración, a elevar o potencial educativo, a igualdade de oportunidades e a reducir a fenda dixital.

Como complemento do acto institucional celebrouse unha mesa redonda co título “As mulleres do rural fronte á violencia de xénero”, na que participaron Carlos Ferrás Sexto, catedrático de Xeografía Humana da USC, Ana Cobo, psicóloga especialista en educación familiar e responsable do CIM de Ferrol, Paz Fligueira, maxistrada, e Yolanda García, profesora de Traballo Social da Uvigo e especialista en violencia de xénero. A mesa foi moderada por Rosa Arcos Caamaño.

Como cada ano, durante o acto realizáronse un recoñecemento a mulleres, entidades e empresas do mundo rural que destacan polo seu compromiso coa igualdade no mundo rural e a súa aposta pola cultura, a innovación ou a posta en valor dos produtos autóctonos.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.