PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O comercio local de Ribadavia aprende decoración e escaparatismo

PorBisbarra

Luns, 25 Novembro 2024 ,
O director xeral de Comercio e Consumo participou no curso en Ribadavia.O director xeral de Comercio e Consumo participou no curso en Ribadavia.

A Xunta impulsou esta fin de semana en Ribadavia un curso formativo sobre decoración e escaparatismo dirixido ao comercio local. O obxectivo era seguir mellorando as competencias e habilidades do tecido comercial, reforzando áreas que impulsan de xeito estratéxico a súa visibilidade e promoción no punto de venda.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo en valor a celebración deste tipo de xornadas formativas. Cunha curta duración e de carácter eminentemente práctico, permiten ás persoas responsables de negocios adquirir novos coñecementos dun xeito áxil e flexible. Unha liña de traballo, destacou, que o sector valora de xeito moi positivo. Neste sentido, avanzou que se seguirá reforzando no futuro Plan estratéxico de comercio 2025-2030, actualmente en proceso de elaboración.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.