PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta achega 150.000 euros para un PAI en Ribadavia

PorBisbarra

Luns, 25 Novembro 2024 ,
Fabiola Garcia e o alcalde de Ribadavia visitaron as futuras instalacións do PAI.Fabiola Garcia e o alcalde de Ribadavia visitaron as futuras instalacións do PAI.

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 150.000 euros ao Concello de Ribadavia para a creación dun Punto de Atención á Infancia (PAI) de 20 prazas. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde, César Manuel Fernández, visitaron as instalacións onde se habilitará este recurso. Neste, a atención educativa será gratuíta para as familias grazas ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.

Durante a visita ao CEIP de Ribadavia, a conselleira avanzou que o vindeiro ano as familias desta localidade terán “máis facilidades para conciliar e ver medrar aos nenos e nenas”. A maiores, salientou que a axuda que recibe o municipio procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal, que permitirá crear novas prazas de atención 0-3 anos.

Fabiola García sinalou que Galicia converteuse nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias. Así, lógrase grazas a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís ou a creación de casas niño para facilitar a conciliación en concellos onde non existían estes servizos. Así mesmo, a representante autonómica destacou o Bono Concilia Familia, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación en períodos lectivos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.