PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Proxecto Industrial de Cobre San Rafael para Touro-O Pino inicia a súa fase de exposición pública

PorBisbarra

Venres, 22 Novembro 2024 , , , ,
Furgoneta informativa sobre o emprego de Cobre San Rafael que visita a comarca

Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica hoxe o comezo da fase de exposición pública da pioneira iniciativa de produción sostible de cobre 100% galego, o Proxecto Cobre San Rafael. Este novo plan ten como obxectivo converterse nunha iniciativa tractora da reindustrialización verde en Galicia e nun referente en minería sustentable a nivel europeo.

Cobre San Rafael realizou intervencións de tipo técnico e social ao longo dos últimos anos, como o investimento de 4,5 millóns de euros para canalizar e recuperar as augas da zona e a posta en marcha do programa ‘TERRAS’, que ten como obxectivo a contribución á contorna a través de estratexias de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) na mellora do medio ambientesociedade e desenvolvemento económico.

NOVO PROXECTO

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Explotaciones Gallegas que, desde o ano 1993 ata hoxe, mantén activa a mina de Touro-O Pino coa concesión para produción de áridos, chegou a un acordo coa compañía Atalaya Miningespecialista en minería metálica. Este acordo baséase nun desenvolvemento conxunto de forma que, a medida que se cumpran unha serie de fitos, Atalaya Mining contará cunha maior participación.

Neste sentido, para coñecer a viabilidade do novo Proxecto, Cobre San Rafael realizou diferentes investigacións xeolóxicasprobas metalúrxicas e estudou diferentes alternativas segundo os estándares aceptados polos mercados internacionais. Estes procedementos foron fonte dun estudo de viabilidade independente cuxos resultados foron satisfactorios, establecendo en 100 millóns de toneladas as reservas de mineral.  

Tamén é importante contar con que o proxecto levarase a cabo nun territorio de legado mineiro; por iso, o obxecto non é só compatibilizar a minaría coa conservación do entorno e os seus valores naturais, senón mellorar tamén a situación de partida. Así, o Plan de Restauración Ambiental, representa unha gran oportunidade para mellorar a situación ambiental do entorno en beneficio dos veciños da comarca.

Neste sentido, Cobre San Rafael está en contacto cos propietarios e propietarias dos terreos que poderían ser usados, ben para labores mineiras, ben para o desenvolvemento das infraestruturas eléctricas.

XERACIÓN DE EMPREGO

Xunta de Galicia declarou recentemente o Proxecto Cobre San Rafael como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE), xa que cumpre cos tres criterios legais establecidos: un investimento mínimo de 20 millóns de euros (aínda que, neste caso, o investimento acadará preto de 200 millóns, multiplicando por 20 o requirido); a creación de cando menos 100 empregos directos (a empresa xerará máis de 400, cuadriplicando o necesario); e a capacidade de reforzar cadeas de valor en sectores estratéxicos aliñados cos obxectivos da Unión Europea, como reflicte a inclusión do cobre na lista de minerais críticos e esenciais para o continente publicada pola UE.

Gran parte da inversión, que realizarase fundamentalmente nos primeiros 18 meses, terá un impacto importante na vida económica do entorno, xa que ata un 66% dos gastos faranse con provedores locais ou rexionais, exceptuando o equipamento moi especializado. Inclúe as fases de exploracióndeseño de proxectopermisos e construción da planta de tratamento de mineral, ademais das instalacións e infraestruturas asociadas. Así, segundo o estudo de viabilidade, prevese que os custes operativos sexan de máis de 100 millóns de euros ao ano.

A súa vez, este novo proxecto suporá un importante impulso á creación de emprego a nivel comarcal. Ademais, da creación de 400 postos fixos e a xornada completa, á cifra engádenselle o traballo coas contratas. Segundo os cálculos do estudo de impacto socioeconómico, crearanse preto de 1.600 postos de traballo en total, sumando directosindirectos e inducidos; que desfrutarán as persoas do entorno máis preto á mina de Touro-O Pino.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.