PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

41% de participación no proxecto piloto de cribado de cancro de próstata na área sanitaria de Ferrol

Os representantes autonómicos visitaron o Hospital Arquitecto Marcide para coñecer o avance do proxecto piloto de cribado de cancro de próstata.Os representantes autonómicos visitaron o Hospital Arquitecto Marcide para coñecer o avance do proxecto piloto de cribado de cancro de próstata.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou os avances do proxecto piloto de cribado de cancro de próstata que a Xunta está a desenvolver na área sanitaria de Ferrol. Así pois, chega ao seu ecuador con 6.000 homes convidados e unha participación do 41 %.

Gómez Caamaño adiantou os primeiros resultados do proxecto despois de reunirse no Hospital Arquitecto Marcide co persoal dos servizos de uroloxía, radioloxía, anestesia, enfermaría, anatomía patolóxica, análises clínicas, informática e admisión. Na xuntanza tamén participaron a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros; a directora xeral de Saúde Pública da Consellería, Carmen Durán; e a xerente da área sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente.

As autoriades autonómicas reuníronse co persoal de diversos servizos do Hospital Arquitecto Marcide.
As autoriades autonómicas reuníronse co persoal de diversos servizos do Hospital Arquitecto Marcide.

Despois de seis meses da posta en marcha da iniciativa, de todas as probas realizadas e tras a previa valoración clínica, fixéronse oito biopsias e agora, tal e como sinalou o conselleiro, agárdase coñecer os resultados nas próximas semanas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Unha vez finalice a recollida de mostras previstas dos 12.000 homes de 50 a 69 que serán invitados en total, a Consellería de Sanidade avaliará os resultados para así poder determinar a viabilidade e a conveniencia de estender o cribado ao resto de Galicia. Neste sentido, trátase dun estudo moi relevante, xa que o cancro de próstata é o máis común entre os homes e ten unha alta taxa de mortalidade.

DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO

A Xunta mantén a súa aposta pola detección precoz do cancro con cribados consolidados de mama, cérvix e colorrectal, ademais de estar a desenvolver outra pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee para detectar cancro de pulmón.

Na mesma liña de mellorar o diagnóstico e anticiparse a complicacións, a Xunta licitou a compra dun novo ecógrafo de alta resolución, por máis de 90.000 euros, para o servizo de uroloxía do Complexo Hospitalario de Ferrol. Este equipamento facilitará o diagnóstico de lesións de próstata con imaxes de alta resolución espacial e temporal, cun maior detalle dos bordes a altas profundidades.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.