PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta clausura en Mugardos o obradoiro “Reinicia X”

PorBisbarra

Venres, 13 Decembro 2024 , , , , ,
Martina Aneiros participou na clasura do obradoiro dual Reinicia X.Martina Aneiros participou na clasura do obradoiro dual Reinicia X.

A Xunta de Galicia clausurou esta mañá o obradoiro dual “Reinicia X” no Concello de Mugardos. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou no acto, onde avanzou que o municipio volverá beneficiarse da última convocatoria 2024-2025. Ademais da representante autonómica, no acto estiveron presentes os alcaldes de Fene, Juventino Trigo, e Ares, Julio Iglesias, ademais de representantes municipais de Mugardos.

O obradoiro finalizado, promovido polos tres municipios, contou cun investimento da Xunta de Galicia de 531.046 euros.

A formación impartiuse nas modalidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e traballos de carpintería e moble. No primeiro caso, as prácticas realizáronse no centro de día de Caamouco. Na segunda especialidade, os participantes completaron a súa formación teórica con diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas nos tres municipios. Así pois, construírn mobiliario de oficina e substituíron o peche perimetral das cabinas de soldadura da nave de formación de San Marcos no Concello de Fene. Ademais, realizaron mobiliario urbano para o Concello de Mugardos e executaron as fiestras no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

En canto á edición 2024-2025, o obradoiro Reinicia XI, tamén promovido polos concellos de Mugardos, Ares e Fene, volverá a impartirse nas mesmas especialidades.

Aneiros destacou a importancia da colaboración entre administracións, neste caso os concellos, como a vía máis fácil para “optar a axudas e programas autonómicos que repercutan positivamente na súa veciñanza”. Finalmente, puxo unha vez máis de manifesto o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego en Ferrolterra a través deste tipo de accións formativas orientadas a cubrir as demandas reais da contorna.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.