PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Verea pídelle ao BNG que “deixe de marear a perdiz coa taxa turística e se poña a traballar”

PorBisbarra

Venres, 13 Decembro 2024 , , , ,
• Calificou de “lamentable” a actitude da alcaldesa, que “parece máis unha hooligan do BNG que a primera representante pública da cidade”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lamentou hoxe que o BNG siga utilizando a taxa turística como arma política, “xa que agora a responsabilidade de que a haxa ou non unha taxa turística a partir do 1 de xaneiro é exclusiva dos nacionalistas”.

Verea salientou que “está quedando demostrado que hai unha política útil para Santiago que é a do Partido Popular, nós fixemos o noso traballo e haberá a 1 de xaneiro autorización para que Santiago teña taxa turística”. E, continuou,” por outra banda atopámonos cun BNG e unha alcaldesa do BNG todo o día enfadada, poñendo paus nas rodas e facendo o ridículo, buscando excusas”.

Neste senso, calificou de “lamentable” a actitude da alcaldesa, que “parece máis unha hooligan do BNG que a primera representante pública da cidade”. “Está a antepoñer os intereses do partido nacionalista que os de todos os composteláns”, denunciou, “ademais de evidenciar diante de todos os veciños que a súa palabra vale máis ben pouco, posto que resulta inconcibible que se chegue a un acordo con outra administración e días despois critique o ese pacto sen sonroxarse”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Para o líder popular o que non é de recibo é que “utilizasen a taxa turística como arma para o enfrontamento político e agora que a teñen sigan co mesmo discurso. A partir de agora depende só deles poñela en marcha a partir do 1 de xaneiro, veremos se son tan rápidos en poñerse a traballar como en crear enfrontamentos e botarlle a culpa aos demais no relativo ás súas competencias”. Así afirmou que “o BNG e a súa alcaldesa seguen perdendo o tempo e deixando á vista de todos as súas incoherencias: ¿querían unha taxa turística pero non queren xestionala? ¿pero que broma é esta?”.

En palabras de Verea, “o goberno do BNG é o mellor exemplo dun goberno acomplexado, pequeno e sen ningunha ambición”. Así instounos a que se poñan a traballar dunha vez e deixen de marear a perdiz coa taxa, e salientou que “se non teñen ganas ou capacidades para xestionar a taxa turística que nos deixen a nós, pero que paren xa de facer o ridículo, polo ben da cidade”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.