PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

“500 sesións a 1 euro”, a nova campaña de promoción do termalismo da Deputación de Ourense

PorBisbarra

Mércores, 25 Setembro 2024 , ,
Poderase acceder á campaña "500 sesións a un euro" visitando o expositor da Deputación de Ourense en Termatalia.Poderase acceder á campaña "500 sesións a un euro" visitando o expositor da Deputación de Ourense en Termatalia.

A Deputación de Ourense, en colaboración cos balnearios ourensáns en Termatalia, pon en marcha unha nova campaña de promoción da saúde a través da cultura termal. Trátase da iniciativa “500 sesións a 1 euro”, un programa que permitirá gozar aos usuarios das augas mineromedicinais a un prezo totalmente alcanzable.

Os balnearios participantes serán cinco, en concreto aqueles que contan nas súas instalacións con piscinas de augas termais para usos lúdico-terapéuticos. Máis en concreto, son as instalacións termais de Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e A Arnoia.

Entre os cinco balnearios achegarán as 500 sesións que se distribuirán entre o 28 de setembro e o 31 de outubro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración entre hora e media e dúas horas, en función do balneario.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Esta promoción ponse en marcha coincidindo coa XXII Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia), e poderán participar todas as persoas que acudan a esta feira en Expourense.

Para acceder ás sesións termais haberá que visitar o expositor da Deputación de Ourense en Termatalia. Así, o xoves 27, a partir das 16:00 horas e por orde de chegada, poderanse reservar as datas e horarios dispoñibles nos cinco balnearios, ata que se vaian esgotando cada unha das quendas habilitadas. Para a reserva das sesións será necesario o seu abono no propio expositor, sendo imprescindible facer o pago mediante tarxeta bancaria ou Bizzum.

A Deputación de Ourense, a través da área de Benestar, habilita o teléfono 988 317 760 para responder a calquera consulta ou dúbida sobre esta promoción termal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.