PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Deputación colaborará coa Mancomunidade do Carballiño para garantir a prestación de servizos

O presidente da Deputación de Ourense reuniuse co presidente da Mancomunidade do Carballiño.O presidente da Deputación de Ourense reuniuse co presidente da Mancomunidade do Carballiño.

O problema principal do organismo é o reducido número de concellos que o integran

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, mantivo un encontro de traballo esta mañá no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Redondo. O obxectivo da reunión era abordar posibles solucións á “complexa situación” que atravesa este organismo por mor do reducido número de concellos que o integran.

Neste contexto actual, o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade, co fin de garantir a prestación dos seus servizos. Algúns deles son tan relevantes como a atención temperá, a axuda no fogar ou a roza. Estes servizos afectan aos Concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro, adheridos a este organismo. Así mesmo, o compromiso entre entidades pretende potenciar a presenza dos municipios que forman a Mancomunidade na comarca.

A colaboración da Deputación de Ourense é moi relevante, xa que só catro dos nove concellos da comarca do Carballiño forman parte da Mancomunidade, non estando adheridos os municipios do Carballiño, Maside, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.