PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta inviste 70.000 euros no acondicionamento de beirarrúas e aparcamento no polígono de Narón

PorBisbarra

Martes, 24 Setembro 2024 , ,
Martina Aneiros visitou o polígono industrial da Gándara, en Narón.Martina Aneiros visitou o polígono industrial da Gándara, en Narón.

A liña de axudas está dotada con 3,5 millóns de euros para polígonos industriais galegos

O Concello de Narón vai desenvolver unha nova fase das obras de acondicionamento de beirarrúas e aparcamento no polígono da Gándara. Así pois, executarase con cargo á orde de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o polígono, acompañada do concelleiro de Obras de Narón, Pablo Mauriz; e do director territorial de Economía e Industria, Isidoro Martínez Arca. Este proxecto conta cunha achega autonómica de 69.956,11 euros e vaise desenvolver nun tramo de 220 metros entre a rúa Pavillón e a zona de Lóngaras, ata o final da zona edificada de actividade, na marxe dereita.

As actuacións veñen motivadas pola ordenación dos aparcamentos, accesos a industrias e comercios da zona, así como a mellora da seguridade e accesibilidade dos usuarios. Consistirán na adaptación de pluviais e recolocación de iluminación, deseñando unha sección para a avenida do Mar de 3,40 metros de carril; 4,50 metros para estacionamento en batería e outros tres metros de beirarrúa.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Inclúese ademais no proxecto a reparación da rodaxe da vía transversal final do polígono, traverso de Lóngaras, de 125 metros de lonxitude, que se atopa moi deteriorada polas canalizacións das instalacións executadas posteriormente.

MÁIS DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS A POLÍGONOS

A delegada territorial puxo en valor esta liña de axudas, dotada de 3,5 millóns de euros, e que permite mellorar os servizos e o acondicionamento das infraestruturas existentes ou de nova construción nos polígonos industriais galegos. “Esta liña de axudas, que deixa este 2024 preto de 274.000 euros en catro polígonos industriais de Ferrolterra, permite mellorar as condicións nas que as empresas desenvolven a súa actividade industrial nos polígonos, ao tempo que contribúe a fixar novos proxectos e crear novos empregos”, indicou Aneiros.

Ademais do Concello de Narón, resultaron beneficiarios da convocatoria deste ano os polígonos das Somozas, que percibiu unha achega de 120.000 euros para traballos de reforzo do firme na vía principal de acceso ao polígono empresarial; As Pontes, con 40.600 euros para a mellora de infraestruturas viarias interiores do polígono de Penapurreira e Cabanas, con 43.366 euros para mellorar tamén as infraestruturas viarias ao polígono de Vilar do Colo.

Dentro das actuacións subvencionables, inclúese a implantacións de melloras na iluminación pública, nos colectores que verten ás EDAR municipais, na xestión de residuos dentro do parque empresarial, nas infraestruturas viarias tanto de acceso como interiores ao recinto e na instalación de sistemas de seguridade e vixilancia. Ademais tamén se poderán sufragar os gastos derivados das instalacións comúns de equipos e sistemas de protección destinados á loita contra os incendios ou roubos de cable e os servizos centralizados de subministración de gas e/ou hidróxeno.

Trátase dunha orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva e a intensidade das mesmas é dun 80% do importe total considerado subvencionable, cun máximo de 120.000 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.