PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Autoridade Portuaria cede a Ferrol máis de 203.000 metros cadrados de terreos

PorBisbarra

Martes, 24 Setembro 2024 , ,
Os terreos cedidos pola APFSC deberán manter os fins de utilidade pública e de interese social deportivo.Os terreos cedidos pola APFSC deberán manter os fins de utilidade pública e de interese social deportivo.

A xunta de Goberno local do Concello de Ferrol aceptou a cesión gratuíta de terreos cunha extensión de máis de 203.000 metros cadros de superficie por parte da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Trátase dun paso administrativo máis tras a firma do protocolo de cesión desta superficie, co presidente da APFSC, o pasado 27 de xuño. “O Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria traballan xuntos en proxectos que redundan na calidade de vida dos veciños”, apuntou o alcalde, José Manuel Rey Varela. E esta cesión de terreos, afirmou, é un exemplo máis da necesidade de que as administracións traballen na mesma liña.

O Consello de administración de Autoridade Portuaria do pasado 28 de xuño acordou iniciar os trámites para a cesión gratuíta dos terreos ao Concello de Ferrol, cunha superficie de 203.235 metros cadrados. Esta superficie está situada na zona da Malata, abarcando a zona deportiva, as estradas que transcorren por esa zona de servizo e as conexións co acceso norte e a estrada alta do porto.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Así pois, deberanse manter os fins de utilidade pública e de interese social deportivo derivados dos usos actuais. Máis en concreto, na Cabana, no parque infantil, igrexa, local da asociación veciñal A Cabana e paseo marítimo e zonas verdes circundantes, as estradas que transcorren por esa zona de servizo e a estación de bombeo á EDAR de Ferrol.

Na zona alta do porto interior, na estrada alta ata a súa conexión co acceso norte, viario de comunicación entre a estrada Alta e a estrada Baixa do porto, viarios cegos para comunicación con dúas urbanizacións de vivendas e zonas verdes contiguas. Neste caso tamén se deberán manter os fins de utilidade pública e de interese social deportivo, derivados dos usos actuais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.