PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta cofinanciará as obras da Praza de Abastos nº1 de Ourense

PorBisbarra

Martes, 24 Setembro 2024 , ,
A Xunta incide na necesidade de axilizar as obras da Praza de Abastos, a cargo do Concello de Ourense.A Xunta incide na necesidade de axilizar as obras da Praza de Abastos, a cargo do Concello de Ourense.

A Xunta de Galicia cofinanciará as obras da Praza de Abastos nº1 de Ourense para reactivar a actividade nesta infraestrutura estratéxica. Así mesmo, pretende manter as máximas garantías para comerciantes, veciñanza e Concello . Deste xeito, o Goberno autonómico contribuirá a facilitar o traslado dos comerciantes desde a súa actual localización provisional, na Alameda. Ademais, a Xunta dá continuidade ao seu compromiso para retomar a actividade neste mercado.

Para poder avanzar nesta folla de ruta, o Goberno galego incide na necesidade de axilizar o máximo posible a entrega e recepción das obras que se están a realizar no interior e exterior do mercado, cuestión na que traballa o Concello de Ourense. Neste senso, é fundamental para que os técnicos dos gobernos municipal e autonómico, así como os propios praceiros, poidan perfilar o cronograma de actuacións e orzamentos necesarios. Así, poderase acometer a seguinte fase da obra, que debe culminar co traslado dos praceiros ao edificio histórico.

Así o trasladou recentemente o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, nunha xuntanza co alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome. Á reunión tamén asistirono presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza de Abastos nº1 de Ourense, Emilio González; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén. Neste encontro fixeron seguimento e avaliaron os seguintes pasos a dar para continuar avanzando e axilizar o reinicio da actividade neste edificio histórico.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Dentro desa vontade de colaboración institucional da Xunta, tamén se enmarca a elaboración do plan funcional, financiado polo Executivo autonómico e xa rematado e entregado. O documento realizouse en menos dun mes, prazo estipulado cando se asinou o convenio para a súa elaboración o pasado 3 de xullo, tras ser aprobado polos praceiros. Este foi clave para poder avanzar neste proceso, que desembocará nas obras que permitan o traslado dos comerciantes ao edificio histórico con todas as garantías.

O PLAN FUNCIONAL DA PRAZA DE ABASTOS Nº1

O propio plan funcional da Praza de Abastos nº1 de Ourense sinala a necesidade de realizar a entrega e recepción das obras que se están a desenvolver na praza para seguir avanzando. Este documento elaborouse atendendo ás propostas dos comerciantes e en coordinación directa cos técnicos municipais. Na elaboración tívose en conta as singularidades e potencialidades do mercado e incluíronse aspectos básicos como a disposición dos postos, as necesidades de electrificación e ventilación ou a valoración doutras cuestións fundamentais, como a reforma do Rianxo ou melloras no eido da accesibilidade.

O traballo realizado pola Xunta neste mercado de Ourense concorda coa aposta que está realizando a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar as prazas de abastos nas cidades e vilas galegas. Neste sentido, o Goberno autonómico recoñece estes mercados como motores fundamentais do comercio de proximidade, actores chave na vertebración e dinamización do territorio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.