PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cariño rescata do mar o pesqueiro Artal

PorBisbarra

Martes, 24 Setembro 2024 , ,
O Concello de Cariño retirou o pesqueiro Artal do peirao para estudar un novo uso.O Concello de Cariño retirou o pesqueiro Artal do peirao para estudar un novo uso.

O Concello de Cariño “rescatou” do mar o pesqueiro Artal, abandonado fai 13 anos. Para logralo, o Goberno local contratou unha grúa especial para sacar do mar a embarcación, de titularidade municipal. Agora, estuda o proxecto para rehabilitalo e darlle un novo uso en terra.

O pesqueiro Artal converteuse no 2007 en barco de uso turístico tras a cesión dos propietarios ao Concello de Cariño. Non obstante, catro anos despois deixou de utilizarse polo elevado custe que supoñía ás arcas municipais, segundo argumentou Goberno local do momento.

Dende entón, o barco amarrouse no mar como medida provisional. Porén, a situación alongouse 13 anos, ata que o actual executivo decidiu retiralo do peirao. O obxectivo é acabar cun foco de perigo para as persoas que se acheguen á zona portuaria en situacións de temporal e liberar unha praza de amarre, ademais de atopar unha nova utilidade deste recurso municipal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

“Agora será gardado en terra e estudaremos unha rehabilitación para definir un novo uso”, avanzou Ana María López, alcaldesa de Cariño. “Non tiña sentido ter o barco aí no medio do mar, co conseguinte perigo que pode supoñer para a veciñanza”, engadiu a rexedora. Así pois, a administración local definirá un proxecto, dentro dos costos razoables, para darlle uso a esta embarcación que “simboliza parte do noso patrimonio marítimo e a nosa identidade”, finalizou a alcaldesa.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.