PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Avanza a reparación da ponte do Pozo de Lamas en San Sadurniño

A reparación da ponte do Pozo de Lames rematará cara o final de outubro.A reparación da ponte do Pozo de Lames rematará cara o final do outubro.

O Concello de San Sadurniño iniciou a primeiros deste mes de setembro as obras de reparación da ponte do Pozo de Lamas, en Igrexafeita. O proxecto céntrase na instalación dunha nova prancha de formigón e na reconstrución completa dunha das ramplas, totalmente estragada polas riadas dos últimos anos. Trátase dunha obra na que se investirán preto de 44.000 euros, demandada pola veciñanza nos procesos do orzamento participativo. A empresa encargada, Construcciones Daylu, xa ten listo o encofrado da estrutura principal.

O pontigo do Pozo de Lamas é un dos poucos accesos á ribeira sur do río Castro en Igrexafeita, ademais de ser case a única maneira de entrar na área recreativa situada uns metros máis abaixo. A infraestrutura foi ergueita pola veciñanza a mediados dos 80. Non obstante, a estrutura viuse afectada nos últimos anos por sucesivas enchentes que provocaron a debilitación da construción e comeron boa parte do terreo circundante, deixando á vista grandes rochedos e facendo practicamente imposible o paso de tractores e outra maquinaria necesaria para os labores agrícolas e forestais.

AVANCE NOS TRABALLOS DA PONTE

Os traballos van xa moi adiantados. O primeiro foi retirar o punto de apoio central, xa que o pontigo quedará cun só ollo. Neste momento está rematándose o encofrado para a instalación dun novo taboleiro de formigón armado de 3,40 metros de ancho con varandas metálicas.

Actualmente a empresa está rematando o encofrado da ponte, para instalar un novo taboleiro de formigón armado.

Actualmente a empresa está rematando o encofrado da ponte, para instalar un novo taboleiro de formigón armado.

O proxecto tamén inclúe a adaptación das cotas do camiño en ambas marxes, asegurando na parte sur unha correcta drenaxe das enchentes, especialmente fortes nese punto onde o regato de María Queira conflúe co río Castro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A reparación da ponte deseñouse xa a principios de 2023. Antes de licitar as obras, o Concello de San Sadurniño tramitou as correspondentes autorizacións perante Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, posto que a zona é Rede Natura 2000. Tamén foi necesario pedir informe favorable do Instituto de Estudos do Territorio (IET) de cara a asegurar a súa correcta integración na paisaxe.

O Concello incluíu a actuación nun dos plans complementarios da Deputación do ano pasado, confiando en que o contrato puidese estar adxudicado e finalizado antes do inverno. Porén, non se presentou ningunha oferta para facer a obra, o que obrigou ao consistorio a recorrer á adxudicación como contrato menor, que recaeu en Construcciones Daylu por un prezo de 43.985 euros, impostos incluídos.
A construtora local calcula que os traballos poidan rematar a mediados ou finais de outubro, de modo que a nova ponte estaría lista para o remate do outono.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.