PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As Escolas Deportivas de Toques pechan a inscrición o día 26

As Escolas Deportivas ofrecen á veciñanza actividades como badminton, patinaxe, tenis, fútbol sala, pilates e ximnasia de mantemento

As solicitudes para participar nas Escolas Deportivas do Concello de Toques pódense presentar ata o 26 de setembro. O novo curso, que comeza o vindeiro 1 de outubro, ofrece actividades pensadas para todas as idades como badminton, patinaxe, tenis, fútbol sala, pilates e ximnasia de mantemento. Todas elas dirixidas aos nados no 2009 en adiante e para os maiores de 60 anos.

As solicitudes das Escolas Deportivas Municipais pódense entregar na Oficina do Servizo Municipal de Deportes, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e pódese realizar tanto no Concello de xeito presencial como a través da Sede Electrónica dispoñible na web municipal (www.toques.gal).

Por motivos organizativos das Escolas, a aceptación de solicitudes realizarase por orde de inscrición, ata cubrir o total de prazas ofertadas, que neste curso son un total de 113 entre todas as modalidades. Menos a ximnaxia de mantemento, para maiores de 60 anos, e Pilates, para maiores de 16, que terá lugar na Aula da Natureza do concello, o resto de actividades desenvolveranse no Polodeportivo Municipal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

No caso das Escolas Deportivas para menores de idade terán preferencia os nenos e nenas que conten co padrón no Concello e os matriculados no CEIP de Toques. As dirixidas aos adultos están suxeitas a taxas municipais, co cal é necesario realizar un aboamento nunha entidade bancaria. As pensadas para a mocidade son de balde.

O comezo do curso das Escolas Deportivas será o vindeiro 1 de outubro, desenvolveráse en horario de tarde, e finaliza o 30 de maio de 2025. Os interesados poden descargar o modelo de solicitude a través destas ligazóns: PDF e Word, e para coñecer os horarios e localizacións das diferentes actividades pódense consultar neste cronograma.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.