PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Éxito da Festa Rural de Frades en Ponte Carreira

Degustación de callos durante a sesión vermú da III Festa Rural de FradesDegustación de callos durante a sesión vermú da III Festa Rural de Frades que tivo lugar na praza pública de Ponte Carreira

A III Festa Rural de Frades congregou a visitantes e veciñanza que desfrutaron de dúas xornadas de música, maxia, artesanía, gastronomía e do xantar popular

A III Festa Rural do Concello de Frades, na que a música, a maxia, a artesanía, a tradición e a gastronomía encheron a praza pública de Ponte Carreira, baixou o pano cun balance moi positivo de participación, con milleiros de veciños e visitantes que se achegaron para desfrutar dos concertos, das actuacións, das degustacións e do tradicional Xantar Popular.

Os participantes na III Festa Rural puideron visitar, durante as dúas xornadas, os máis de 20 postos de artesanía e adquirir os seus productos elaborados con coiro ou madeira, ou mercar cestas, xoiaría ou maquetas, entre outros. Tamén estivo aberta ao público a mostra etnográfica cunha selección de fotografías e obxetos de útiles e ferramentas do campo, aparellos do fogar ou elementos pertencentes a antigos colexios.

Mostra etnográfica na III Festa Rural organizada polo Concello de Frades
Mostra etnográfica desta III edición da Festa Rural organizada polo Concello de Frades

O I Festival de Maxia, a gran novidade desta edición da festa, tivo unha gran acollida, tanto na gala inaugural do sábado que contou coas actuacións de Samuel Moreno, Roberto Lolo e o Mago Iago; como o domingo, co espectáculo familiar dirixido ao público infantil 2 mejor que uno; ou durante o xantar popular coa actuación de maxia de cerca de Samuel Moreno e Roberto Lolo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O concerto de Roi Casal, co seu espectáculo Ambos Mundos, pechou a xornada do sábado. O domingo, a praza pública de Ponte Carreira encheuse coa música do pasacalles do grupo de Ordes Embruxo de Gaiteiros, antes da sesión vermú amenizada polo Dúo Charada, e do xantar popular que tamén contou cunha alta participación.

Xa pola tarde, o concerto de folk cos grupos Sarillo, Son da Terriña e Zurramalla, deu paso á verbena coa música de Pepe Piña e Os Robinsóns que baixaron o pano desta III Festa Rural do Concello de Frades que “naceu para poñer en valor o rural, a nosa historia, a nosa cultura, a nosa música e os nosos costumes, e que cada ano afiánzase como unha cita ineludible, non só de Frades senón de toda a comarca”, asegurou o alcalde de Frades, Roberto Rey.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.