PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello recupera o ‘Compostela Skate’ unha década despois

PorBisbarra

Mércores, 25 Setembro 2024 , ,
A concelleira María Rozas co resto de reponsables da organización do 'Compostela Skate'A concelleira María Rozas co resto de reponsables da organización do 'Compostela Skate'

O ‘Compostela Skate’ desenvolverase na praza da Constitución o 28 de setembro e reunirá aos mellores deportistas de Galicia desta especialidade

Tras unha década de parón, o Compostela Skate, festival de deportes e música urbana, volve ao calendario grazas ao impulso da Concellaría de Xuventude de Santiago. Un evento que reunirá aos mellores skaters de toda Galicia na praza da Constitución o vindeiro sábado 28 de setembro.

O Compostela Skate celebrou a súa primeira edición no 2010 e a última no 2014, sempre vencelladas ás Festas da Ascensión e en espazos como o Campus Sur ou a Praza do Toural.

Unha década despois, a Concellaría de Xuventude retoma e reforza o programa, e lévao ao parque da praza da Constitución, aproveitando unhas instalacións que foron expresamente deseñadas para a práctica do skate. O departamento que dirixe María Rozas pón en marcha o programa en colaboración con Cultura Urbana Shop, Vella Escola e Wax Cultura Dj.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Compostela Skate achegará ata Santiago a grandes deportistas en disciplinas urbanas como o skate, o breakdance ou o street breakdance, e que demostrarán a súa valentía e as súas habilidades nun evento que vai ser unha experiencia única.

Ademais da competición nestas modalidades, para as que xa están abertas as inscricións, tamén se programaron exhibicións doutras disciplinas como BMX Flatland, Arte Urbana e Dj’s. O Compostela Skate pecharase cun concerto que contará coa participación Saibran, Sandra FG, Mahía e André GS, artistas emerxentes do hip-hop galego.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.