PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Profesionais do Márketing Deportivo se deron cita no EFA Piñeiral

PorBisbarra

Mércores, 25 Setembro 2024 , , ,
Xisela Aranda, responsable do proxecto 'As Celtas' durante a súa intervención na I Xornada de Márketing Deportivo do Efa Piñeiral de ArzúaXisela Aranda, responsable do proxecto 'As Celtas' durante a súa intervención na I Xornada de Márketing Deportivo do Efa Piñeiral de Arzúa

A iniciativa, que afondou no presente e futuro do márketing deportivo, forma parte das actividades de inicio do curso académico do EFA Piñeiral de Arzúa

O presente e o futuro do márketing deportivo foi o eixo, no EFA Piñeiral de Arzúa, da I Xornada de Márketing Deportivo que se celebrou o pasado luns 16 de setembro.

Unha iniciativa que forma parte das actividades de inicio do curso académico do ciclo superior de márketing e publicidade do centro de formación profesional arzuán, que afondou en visibilizar a realidade das relacións entre márketing, comunicación e deporte, os retos e as oportunidades presentes e futuras.

Jessica Rey, de Feiraco – Cooperativa Clun, abriu a xornada facendo un percorrido e unha reflexión sobre as accións de patrocinio da marca láctea co mundo do deporte.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Trala ponencia de Jessica foi o turno de Xisela Aranda, conselleira do Celta de Vigo, e unha das artífices do fenómeno As Celtas. Xisela falou sobre o proceso construtivo da marca e explicou que “As Celtas non é un proxecto reivindicativo, é unha homenaxe á fortaleza da muller, da muller galega en particular, á súa valentía e resiliencia. É unha representación das nosas raíces e cultura, unha marca con valores, con historia”.

As empresas Toldos Gómez e Queixería Barral disertaron sobre a súa traxectoria e aposta por diferentes iniciativas do deporte autonómico e local. O xornalista Miguel Álvarez (CRTVG) afondou na relación das marcas, do profesional da comunicación e dos medios deportivos.

“O máis difícil nesta profesión é precisamente informar, manter a imparcialidade cando se fala de deporte e aficiones”, afirmou Álvarez durante a súa intervención nesta I Xornada de Márketing Deportivo do EFA Piñeiral de Arzúa.

A última das conferencias correu a cargo de Daniel Agra, profesional do márketing deportivo, quen animou aos asistentes a descubrir as moitas posibilidades e potencialidades que ten o márketing deportivo. “Ilusión, proactividade e curiosidade, tres compoñeentes que non deben faltar nesta profesión”, incidiu Agra durante a súa exposición.

A xornada, que foi clausurada polo alcalde do Concello de Arzúa, Xesús Carril, reuniu a algo máis dun cento de asistentes, entre técnicos deportivos e de márketing, deportistas e estudantes de márketing, comercio e publicidade.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.