PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A ruta ‘As pegadas de Rosalía’ contou con 110 participantes

PorBisbarra

Mércores, 25 Setembro 2024 , , , , ,
Un dos momentos da ruta 'As pegadas de Rosalía' que levou aos participantes polos lugares senlleiros da escritora galegaUn dos momentos da ruta 'As pegadas de Rosalía' que levou aos participantes polos lugares senlleiros da escritora galega

Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron a saída polos lugares senlleiros da vida e obra de Rosalía

Un total de 110 persoas, de todas as idades, participaron o pasado sábado 14 de setembro na ruta rosaliana As pegadas de Rosalía, organizada polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón, e na que os participantes percorreron lugares senlleiros da vida e obra da escritora e poetisa galega.

A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía de Castro musicados por el mesmo.

Esta ruta, a través da cal se pon en valor a vida e obra de Rosalía, tivo unha participación de 110 persoas, que, durante o percorrido, visitaron os lugares pertencentes ao territorio destes concellos que marcaron a vida e a obra da autora galega máis universal da nosa cultura.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Durante a ruta contouse coa colaboración de Lucía Picallo, guía oficial de Turismo de Galicia; e coa interpretación de dúas actrices: Ana Otero e Chiruca Tarrío, que estiveron caracterizadas de Rosalía de Castro.

Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra nos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, no 2017, e presentado en Fitur en colaboración con esta entidade.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.