José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), urxe á conselleria de Medio Rural a reunión acordada no encontro técnico celebrado o pasado xaneiro sobre a problemática da actividade agraria na comarca de Lemos e presentación dun Plan Integral de aproveitamento agronómico, redactado polo organismo de bacía.
No encontro celebrado hai casi 1 ano, o director Técnico e o xefe de Área da CHMS, acompañados polo coordinador do traballo e catedrático da USC, Manuel Marey, explicaron, polo miudo o citado Plan, ós subdirectores de Infraestructuras Agrarias e ó de Dinamización e Planificación do Medio Rural, así como á directora Xeral de AGADER.
“Despois da exposición e da interacción dos presentes, os membros da Consellería solicitaron unha copia do citado Plan para o seu estudo e valoración, comprometendose a que no prazo máximo de 2 meses nos farian achegas e convocarían un novo encontro. Ante a falla de novas, o pasado venres remitimos un escrito urxindo unha data para manter o encontro acordado” explicou Quiroga. “Estamos ante unha zona onde hai clima, terra e agua, características que ofrecen un futuro cheo de posibilidades que a comarca está perdendo pola inacción da Administración autonómica” rematou o presidente.




