PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Confraría de Cedeira abre as súas portas ao público

O porto de Cedeira abre as súas portas ao público para visibilizar o traballo da Confraría e a Lonxa.O porto de Cedeira abre as súas portas ao público para visibilizar o traballo da Confraría e a Lonxa.

A CONFRARÍA ORGANIZA CATRO XORNADAS ABERTAS AO PÚBLICO PARA VISIBILIZAR O SEU TRABALLO

A Confraría de Pescadores de Cedeira organiza catro xornadas abertas ao público para dar a coñecer o seu traballo. A maiores, o obxectivo destas xornadas divulgativas e informativas tamén é poñer en valor o produto mariñeiro local e a súa trazada.

Así pois, realizaranse catro visitas ao porto para afondar no traballo que se desenvolve neste espazo, dende a saída ao mar ata o proceso de recepción do produto. Ademais, mostrarase tamén o tratamento e posterior etiquetado das capturas, de cara a garantir a a súa trazada.

O obxectivo destas visitas é achegar a toda a poboación a actividade no porto, como funcionan as entidades responsables, cales son os traballos que se desenvolven, así como a importancia da lectura e interpretación do etiquetado dos produtos, garantindo así un consumo responsable e a compra de produto de calidade. Con esta actividade preténdese achegar a importancia do labor dos oficios do mar, favorecendo a dignificación do sector, o relevo xeracional e a fixación de poboación no territorio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As xornadas terán lugar o venres 27 de setembro e o venres 11 de outubro ás 11:30h; e o venres 18 de outubro e o martes 29 de outubro ás 17:00h. O punto de encontro para iniciar as visitas será a praza do Peixe, para realizar un percorrido polo porto e rematando na Lonxa de Cedeira. As actividades serán totalmente gratuítas, pero é imprescindible anotarse previamente a través de WhatsApp ou chamada ao número de teléfono 621 25 14 90.

Estas xornadas de divulgación forman parte do proxecto “Automatización do pesado, traslado e comercialización na Lonxa de Cedeira”, impulsado pola Confraría cedeiresa. A través deste proxecto obtivéronse novos equipamentos para a mellora dos procesos de traballo na Lonxa, nas fases de traslado, recepción, pesado e etiquetado.

Este proxecto foi presentado pola Confraría para obter as axudas do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), aprobadas pola Consellería do Mar, no marco da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) 2021-2027 xestionadas polo GALP A Mariña-Ortegal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.