PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol cederá á Mancomunidade terreos para ampliar o refuxio de animais

PorBisbarra

Luns, 23 Setembro 2024 , ,
Os terreos, cunha superficie de 3.403 metros cadrados, cederanse durante 20 anos.Os terreos, cunha superficie de 3.403 metros cadrados, cederanse durante 20 anos.

OS TERREOS, DE MÁIS DE 3.400 METROS CADRADOS, ESTÁN ANEXOS ÁS INSTALACIÓNS DO REFUXIO

O Concello de Ferrol pretende ceder á Mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol varios terreos anexos ao refuxio de animais. Así o comunicou o tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, que presentou a proposta na comisión extraordinaria de Facenda.

Trátase dunha superficie de 3.403 metros cadrados, que serán cedidos ás instalacións do servizo mancomunado de lacería, recollida, aloxamento e control de animais domésticos e salvaxes. Neste senso, a cesión terá unha duración de 20 anos, é dicir, ata o 2044.

O ben inmoble deberá dedicarse exclusivamente aos servizos de benestar animal do refuxio detallados pola Mancomunidade, como a construción dun novo módulo para aloxamento de gatos e a preparación dun novo contrato de xestión do refuxio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de Ferrol poderá inspeccionar en todo momento o estado de conservación dos terreos cedidos e sinalar as actuacións que deben realizarse, quedando obrigado o cesionario a executalas ao seu cargo no prazo que se sinale. Ademais, a Mancomunidade deberá manter en bo estado a parcela municipal, asumindo os gastos de conservación e mantemento e respondendo da seguridade e integridade da parcela.

Unha vez rematado o prazo da cesión, o ben reverterá ao Concello de Ferrol.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.