PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás imparte formación a pé de rúa sobre compostaxe doméstica

PorBisbarra

Luns, 23 Setembro 2024 , ,
25 familias recibiron formación sobre compostaxe doméstica e cadanseu composteiro de balde.25 familias recibiron formación sobre compostaxe doméstica e cadanseu composteiro de balde.

O Concello de Barbadás está a impartir formación para incentivar a reciclaxe nos fogares do municipio e favorecer a implantación do contedor marrón. Así pois, a administración local está a realizar unha serie de actividades a pé de rúa para explicar o proceso de compostaxe doméstica, para os domicilios do rural; e o funcionamento do colector marrón, para a zona urbana.

Neste sentido, recentemente instalouse un posto na avenida de Celanova, onde 70 familias obtiveron información sobre a xestión de residuos. Destas, un total de 25 recibiron nocións sobre como facer compostaxe doméstica e recibiron o material necesario de forma gratuíta. Este consiste nun composteiro de montaxe sinxela e un apeiro para airear o compost e optimizar o proceso. Pola outra banda, 35 familias anotáronse á iniciativa do contedor marrón.

O posto informativo volverá a instalarse en Barbadás en próximas datas e as persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente na páxina web municipal ou chamando ao 647 521 464 para facer a reserva de composteiros e contedores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.