PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A conselleira dá a benvida aos novos estudantes do CFEA

PorBisbarra

Venres, 13 Setembro 2024 , , , ,
A conselleira de Medio Rural conversou co alumnado no primeiro día de clase

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou no acto de apertura do curso 2024-2025 no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, situado no concello coruñés de Boqueixón, onde deu a benvida aos preto de 80 novos alumnos que se incorporan aos cursos formativos ligados ao sector primario que ofrece, así como a aqueles que continúan formándose nas súas instalacións.

María José Gómez destacou o interese que xeran os graos de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o de Produción Agropecuaria dispoñibles no CFEA de Sergude. Nesta liña, resaltou que practicamente o 90% das prazas ofertadas de primeiro curso neste centro cubríronse, o que permite ter un dato final de alumnado de preto de 150 persoas.

Cómpre salientar que este curso incrementáronse nun 11% as prazas dispoñibles con respecto ao anterior, chegando a un total de 364 en todos os centros formativos dependentes da Consellería do Medio Rural.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A conselleira resaltou que estes estudantes son o futuro do sector primario, tan imporante para e economía galega, e engadiu que o rural está cheo de oportunidades para que poidan desenvolver os seus proxectos vitais.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.