PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Barbadás e Mercasa impulsan os produtos locais

PorBisbarra

Venres, 13 Setembro 2024 , ,
O presidente de Mercasa reuniuse co Goberno de Bardabás para valorar impulsar o produto local.O presidente de Mercasa reuniuse co Goberno de Bardabás para valorar impulsar o produto local.

O presidente da empresa pública Mercasa, José Miñones, mantivo unha reunión co Goberno local de Barbadás na casa consistorial. Durante a visita, abordouse a posibilidade de poñer en marcha iniciativas que impulsen os produtos de Barbadás na rede de 24 Mercas que xestiona Mercasa en todo o país.

Tras o encontro, a comitiva desprazouse para coñecer a empresa local Frutas Josefa, adicada á distribución maiorista de froitas, hortalizas e verduras. Así mesmo, adícanse á produción de IV e V gama e son distribuidores da marca Fit Fruit, entre outras.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.