PUBLICIDADE

A Deputación da Coruña destina 7 millóns ao POS Social

PorBisbarra

Mércores, 15 Xaneiro 2025 , , , ,
Con cargo ao POS Social, os concellos financian programas de axuda no fogar, xantar na casa, respiro familiar, conciliación ou atención a maiores, ademáis de axudas para as familias en risco de exclusión social

A Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos sociais dos concellos. Faino a través do POS Social, a achega adicional do Plan Único destinada a financiar os gastos soiciais extraordinarios dos concellos, que estes días se aprobaron nos plenos dos municipios da provincia, xa que o prazo de solicitudes remata hoxe.

Os fondos do POS Social serán destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais: contratación de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais municipais, axudas para persoas maiores e familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar ou servizos como xantar na casa, reforzo dos programas municipais de respiro familiar, conciliación ou envellecemento activo, reforzo das axudas para persoas sen fogar ou axudas económicas para fogares en situación de pobreza enerxética son algúns dos conceptos que poden ser financiados con estes fondos para gasto social incluidos no Plan Único.

PROGRAMAS PARA MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS

PUBLICIDADE

Entre os investimentos aprobados polos concellos este ano con cargo ao POS Social hai programas de envellecemento activo, servizos municipais de atención a urxencias sociais, programas de vivenda para familias vulnerables ou servizos de apoio escolar para alumnado con especiais dificultades ou en risco de exclusión social.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.