PUBLICIDADE

Avanza a rehabilitación da aldea modelo de Reboredo, no Pereiro de Aguiar

PorBisbarra

Xoves, 16 Xaneiro 2025 , ,
O proxecto de aldea modelo Reboredo iniciouse no 2020 grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.O proxecto de aldea modelo Reboredo iniciouse no 2020 grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia financiou con 130.000 euros unha nova fase de mellora da aldea modelo de Reboredo, no Concello do Pereiro de Aguiar. Neste caso, os traballos consistiron na renovación de servizos e a pavimentación de boa parte do núcleo de Reboredo.

Este proxecto iniciouse en febreiro de 2020, grazas a unha subvención recibida dentro do programa Aldeas Modelo da Xunta de Galicia. Con esta achega, comezaron os traballos de rozadura e acondicionamento dos terreos de Reboredo, na parroquia de Calvelle.

No ano 2022, grazas a outra subvención da Xunta de Galicia para a rehabilitación de aldeas modelo, renovouse o abastecemento, saneamento e pavimentáronse varias áreas do lugar. Estes traballos realizáronse co alumnado do obradoiro Terras de Aguiar, creado a finais do 2021 para a recuperación integral da aldea Modelo. Así mesmo, o módulo de forestal actuou en pistas, camiños e terreos para a prevención de incendios e adecuación dos terreos para explotación agrarias.

PUBLICIDADE

O obxectivo deste proxecto é triplo. Por unha banda, contribuír á prevención de incendios. Por outra banda, fomentar o mantemento ou aumento da poboación no lugar. Finalmente, poñer en valor o chan recuperado mediante unha actividade económica rendible e sostible.

Dende o Goberno local admiten que aínda queda traballo por facer, pero recoñen que a transformación do pobo é innegable. Así mesmo, agradeceron a colaboración da veciñanza e da Xunta de Galicia pola implicación no proxecto.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.