PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Deputación de Ourense enxalza a vangarda do centro de procesado avícola de Coren

PorBisbarra

Xoves, 14 Novembro 2024 , ,
Luís Menor e Marta Nóvoa visitaron as instalacións de Coren.Luís Menor e Marta Nóvoa visitaron as instalacións de Coren.

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, visitou o Centro de Procesado Avícola de Coren, na parroquia ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo. Trátase da principal cooperativa agroalimentaria cárnica de España, que reúne a 7.000 familias entre socios e empregados. O presidente provincial estivo acompañado da vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa.

Os representantes provinciais percorreron as instalacións da man do director xeral do grupo, Emilio Rial. Alí, Menor enxalzou a “vangarda” do complexo, no que traballan máis dun millar de empregados. Así mesmo, destacou que unha das claves do éxito desta empresa ourensán é “manter a súa implantación no territorio” dende hai sesenta anos. Neste sentido, salientou o compromiso continuo de xerar riqueza e emprego, converténdose o grupo en “oportunidade de vida” para os milleiros de traballadores que forman parte da empresa, sempre “comprometida co rural e con Ourense”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.