PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A FE-14 pecha ao tráfico ata marzo por mor da humanización das Pías

Desviarase o tráfico pola rúa Nova de Caranza no eixe formado pola estrada de Trincheira FE-11 e a avenida de Esteiro.Desviarase o tráfico pola rúa Nova de Caranza no eixe formado pola estrada de Trincheira FE-11 e a avenida de Esteiro.

O vindeiro luns, 13 de xaneiro, procederase ao peche ao tráfico do tramo da FE-14 que se abrira para facilitar a circulación durante as datas de Nadal. Así o informou o Concello de Ferrol tras a comunicación por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible relativa aos vindeiros cambios na circulación vehicular con motivo das obras de humanización da avenida de As Pías FE-14.

Segundo consta na notificación, este peche está motivado pola finalización dos traballos de pavimentación, instalación e remates. En virtude disto, manterase a circulación rodada na rúa Nova de Caranza no eixe formado pola estrada de Trincheira FE-11 e a avenida de Esteiro. De acordo coa información trasladada polo Ministerio, este cambio manterase ata a primeira quincena de marzo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.