PUBLICIDADE

A gala a favor da ELA en Melide recauda máis de 5.000 euros

PorBisbarra

Martes, 26 Maio 2026 , ,
Organizadoras do acto xunto con representantes de AGAELA

Este pasado domingo celebrouse en Melide unha gala a favor dos enfermos de ELA, representados na Asociación AGAELA Galicia. En total recaudáronse 5.050 euros.

O acto tivo lugar no centro sociocultural Mingos de Pita. A iniciativa foi posta en marcha por catro veciñas da vila : Ana Mosteiro, Vanesa Martínez, Soqui Cea e Dolores Rodríguez.

A música correu a cargo de Froito Novo, cantareiras de Herba Grileira, Pozo Pequeño, Gaiteiros do Balado de Toques, Nós ó Noso e Os da Taberna. A maiores foron moitos os comercios locais os que colaboraron con esta iniciativa solidaria.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.