PUBLICIDADE

A Garda Civil investiga a un condutor por abandono do lugar tras causar lesións graves a un ciclista no Pino

PorBisbarra

Venres, 13 Marzo 2026 , , ,
Os feitos ocorreron por mor da colisión dun turismo cun ciclista o pasado 6 de decembro de 2025

A Garda Civil investiga a un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por abandono do lugar do accidente, tras verse implicado nun sinistro viario cun ciclista que resultou ferido grave.

Os feitos ocorreron por mor da colisión dun turismo cun ciclista o pasado 6 de decembro de 2025, no quilómetro 86,800 da estrada N 547, no termo municipal do Pino (A Coruña), causándolle ás ciclista feridas graves, abandonando o condutor o lugar do accidente tras o impacto.

A Garda Civil unha investigación, facéndose cargo da mesma o Equipo de Investigación de Sinistros (EIS) do Destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela. Durante a inspección ocular do lugar, os axentes localizaron e interviñeron diversos restos do vehículo implicado, entre eles fragmentos dun retrovisor exterior e partes da defensa traseira, elementos que resultaron determinantes para orientar a liña de investigación.

PUBLICIDADE

A análise técnica dos vestixios recuperados, xunto co estudo minucioso da información solicitada, conduciu aos gardas civís actuantes á localización do turismo implicado no sinistro. A garda Civil procedeu á investigación do condutor do mesmo como presunto autor dun delito de abandono do lugar do accidente.

O delito de abandono do lugar do accidente está tipificado no artigo 382 bis do Código penal, conlevando penas de seis meses a catro anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores dun a catro anos cando o feito teña a súa orixe nunha acción imprudente ou prisión de tres a seis meses e privación do dereito para conducir de seis meses a dous anos cando se produza tras un feito fortuíto.

O abandono do lugar do sinistro constitúe unha conduta especialmente grave desde o punto de vista penal e ético, ao deixar desamparada á vítima e dificultar o seu auxilio inmediato.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.