PUBLICIDADE

A melidense Lucía Casal, premio á mellor creadora de contido nos premios AgroInfluye

PorBisbarra

Mércores, 4 Marzo 2026 , , ,
A melidense Lucía Casal cos seus premios como mellor creadora de contidoA melidense Lucía Casal cos seus premios como mellor creadora de contido (Foto: Dos Esferas)

Lucía Casal, @luciiaacasal, vén de recibir o premio á mellor creadora de contido sobre o agro o que a levará a ser madriña dos premios AgroInfluye o vindeiro ano. O seu prefil en Instagram, que conta con máis de 31 mil seguidores foi o elixido entre máis de vinte participantes.

Lucía Casal preséntabase a este concurso na categoría Maquineros, na que tamén se alzou coa mellor distinción. Esta moza melidense utiliza a súa conta de Instagram como ponte entre o campo e a cidade, buscando afianzar a identidade do rural galego. Lucía, vincula o seu traballo diario co ofrecendo contido de calidade nas súas redes sociais, involucrándose con forza a responsabilidade para amosar entre a súa comunidade dixital unha realidade, a do campo galego, que moitos mozas e mozos descoñecen.

A gala de entrega de recoñecementos celebrouse onte en Sevilla e tivo como obxetivo recoñecer a influensers e creadores de contido sobre o sector primario. Entre os beneficios deste tipo de influensers, destacan achegar á sociedade a vida rural e xerar comprensión sobre como é a vida no campo na actualidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.