PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Policía Local de Barbadás incorporará un novo vehículo e un efectivo

PorBisbarra

Luns, 10 Febreiro 2025 ,
Os vehículos da Policía Local deben cumprir cos requisitos medioambientais e as necesidades do servizo.Os vehículos da Policía Local deben cumprir cos requisitos medioambientais e as necesidades do servizo.

O Concello de Barbadás acaba de publicar a licitación dun novo vehículo para a Policía Local. Así mesmo, está a traballar coa Dirección Xeral da Administración Local para dotar á Policía Local dun segundo automóbil. Está ampliación realizaríase cunha subvención a través do Fondo de Compensación Ambiental.

No tocante ao novo equipamento vehicular, debe cumprir con todos os requisitos medioambientais e adaptarse ás necesidades de mobilidade e servizo cidadá no municipios.

En paralelo, o Concello de Barbadás reforzará o seu corpo de seguridade cun novo efectivo. A Academia Galega de Seguridade xa está a tramitar a incorporación dunha praza máis, o que elevará a sete o número de axentes en activo no municipio. O alcalde de Barbadás e xefe da Policía Local, Xosé Carlos Valcárcel, lembrou que hai 12 anos só existían tres efectivos no corpo. Así pois, salientou o compromiso do Goberno local na mellora das condicións laborais da Policía Local, con medidas como a instalación dun armeiro e a optimización da Relación de Postos de Traballo (RPT).

PUBLICIDADE

Estas iniciativas reforzan o compromiso do Concello de Barbadás coa seguridade cidadá e a mellora dos medios dispoñibles para a Policía Local, garantindo unha resposta eficaz ás necesidades da veciñanza.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.