PUBLICIDADE

Ata 5.000 euros de axuda para rehabilitar vivendas en núcleos tradicionais no Pereiro de Aguiar

O Pereiro de Aguiar lanza unha liña de axudas directas á rehabilitación de vivendas situadas en núcleos tradicionais e que posteriormente se destinen a vivenda propia ou alugueiro.O Pereiro de Aguiar lanza unha liña de axudas directas á rehabilitación de vivendas situadas en núcleos tradicionais e que posteriormente se destinen a vivenda propia ou alugueiro.

O Concello do Pereiro de Aguiar subvencionará con ata 5.000 euros a rehabilitación de vivendas en núcleos tradicionais. A medida foi acordada no último pleno por unanimidade de todos os grupos con representación. Así pois, será incluída nos orzamentos que están a ser ultimados polo equipo de Goberno, que serán aprobados no vindeiro mes de marzo.

Trátase dunha nova liña de axuda directa a rehabilitación de vivendas situadas en núcleos tradicionais e que posteriormente se destinen a vivenda propia ou alugueiro. O importe máximo das subvencións é de 5.000 euros. Esta axuda, financiada totalmente con fondos municipais, é compatible con todas as que se outorgan por outras administracións.

Os detalles concretos da súa concesión serán materializados nunha ordenanza en proceso de elaboración. Emporiso, o Goberno local confía en que a medida axude a revitalizar vivendas actualmente abandonadas e a aumentar a poboación. Neste sentido, será retroactiva para as licencias outorgadas para a rehabilitación dende o 1 de xaneiro deste ano.

PUBLICIDADE

BALANCE INMOBILIARIO DO PEREIRO DE AGUIAR NO 2024

Segundo a administración local, esta medida contribuirá a mellorar o balance de actividade no municipio, moi positivo no 2024. Durante o pasado ano, concedéronse máis de 20 licenzas de obra maior, entre novas vivendas e naves industriais. Así pois, mantense a liña ascendente dos últimos anos.

Unha vez pechado o exercicio do ano 2024, os datos da actividade inmobiliaria reflicten “o gran dinamismo económico e social que presenta o noso concello”, aseguran dende o Goberno local. Non obstante, seguiranse adoptando medidas para manter era tendencia. Un exemplo é a recente creación do servizo de asesoramento de axudas para vivendas, a baixada do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) ao 2% adoptada en anos anteriores e a rapidez na concesión de licencias.

En canto aos datos que reflicten a situación da actividade inmobiliaria no Pereiro de Aguiar, concedéronse 21 licencias para obra maior, novas construción de vivenda, naves e rehabilitación integral de vivendas; e 13 expedientes de segregación ou agrupamento e reordenación do solo, que suporán máis construcións nun futuro inmediato.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.