O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou a Cociña Económica de Ferrol. Alí lembrou que a Xunta colabora con este centro a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social. Na visita tamén participou a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.
En concreto, a través da última convocatoria de subvencións correspondente ao período 2023-2025, a Cociña Económica recibe unha axuda de 240.000 euros para o seu funcionamento diario.
Arturo Parrado puxo en valor o traballo da Cociña Económica por “ofrecer calor e apoio ás persoas que peor o están a pasar durante todo o ano”. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego seguirá apoiando a aquelas entidades que traballan cada día para facer de Galicia un lugar máis xusto no que vivir.