PUBLICIDADE

A Xunta adica 922.000 euros do FCA a 14 concellos da comarca de Ferrol

Aneiros visitou o Concello de Cabanas, un dos beneficiarios desta liña de axudas na Comarca de Ferrol.Aneiros visitou o Concello de Cabanas, un dos beneficiarios desta liña de axudas na Comarca de Ferrol.

A Xunta financia con 921.647 euros os proxectos de 14 municipios e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental (FCA). A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse ao Concello de Cabanas, un dos beneficiados da liña competitiva destas achegas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Concretamente, Cabanas recibiu unha subvención de 32.000 euros para a adquisición dunha miniretroexcavadora e un remolque. Con eles levará a cabo tarefas de protección medioambiental no municipio e mellorar o mantemento dos espazos públicos.

Aneiros incidiu na importancia de axudas coma esta a través das que a Xunta trata de “reforzar a capacidade dos gobernos locais para dar resposta ás demandas cidadás”.

PUBLICIDADE

Ademais de Cabanas, tamén resultaron beneficiarios da liña competitiva desta orde de axudas a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e os municipios de Ferrol e Cerdido. Doutra banda, A Capela, Cariño, Cedeira, Mañón, Monfero, Narón, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño foron adxudicatarios de axudas da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que, en conxunto, contou este ano cun orzamento de 7,7 millóns de euros.

Durante a visita ao municipio, a delegada territorial advertiu da relevancia de estar ao carón das Administracións locais con actuacións deste tipo. Así, permiten optimizar os seus recursos e lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.