PUBLICIDADE

Cedeira adxudica a mellora de catro camiños en Cervo e Piñeiro

PorBisbarra

Martes, 28 Outubro 2025 , ,
A actuación suporá un investimento de 82.522 euros, dos que a Xunta achega 68.854 euros e o Concello de Cedeira, o resto.A actuación suporá un investimento de 82.522 euros, dos que a Xunta achega 68.854 euros e o Concello de Cedeira, o resto.

O Concello de Cedeira acaba de adxudicar as obras de mellora en catro camiños das parroquias de Cervo e Piñeiro. A actuación acometerase con cargo ao programa de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A actuación contratouse por un prezo de 82.522 euros, a oferta máis vantaxosa das dúas presentadas. Deste importe, o organismo autonómico achega 68.854 euros e a administración municipal o resto.

A actuación afectará aos camiños de Bereixo, Santalla de Cervo, Lamelas e Arrasa, que suman unha lonxitude de 3,8 quilómetros. O primeiro e o último son os que presentan un maior deterioro da súa capa de rodaxe debido a unha mala drenaxe, polo que será preciso renovar a base de macadam do firme.

No tocante á pista que vai de Vista Alegre a Bereixo, na parroquia de San Cosme de Piñeiro, ten 1.000 metros de lonxitude. Xunto coa colocación da devandita capa de macadam e o tratamento superficial do firme, será necesario tamén colocar un paso salvagabias para garantir a condución da auga e manter o ancho da vía.

PUBLICIDADE

O camiño de Santalla de Cervo ten 1.200 metros, a mesma lonxitude que o de Lamelas, na parroquia de Santa María do Mar. No caso do de Arrasa, situado tamén en Santalla, percorre 400 metros. En todos as obras consistirán na mellora do firme, incorporando novas capas de rodaxe que garantan unha maior seguridade do tráfico rodado.

O prazo de execución das obras será de tres meses.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.