PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta apoia o emprendemento autónomo nos premios “Ferrolterra emprende”

PorBisbarra

Luns, 28 Outubro 2024 , ,
Aneiros participou no teatro Jofre de Ferrol na gala de entrega dos IX Premios Ferrolterra Emprende.Aneiros participou no teatro Jofre de Ferrol na gala de entrega dos IX Premios Ferrolterra Emprende.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou no teatro Jofre de Ferrol na gala de entrega dos IX Premios Ferrolterra Emprende. Con estes galardóns, AJE Ferrolterra segue fomentando a vocación empresarial dos novos empresarios e empresarias. Así mesmo, premia o traballo a través de proxectos innovadores ou iniciativas xa consolidadas.

Durante a súa intervención, Aneiros destacou a colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra á hora de impulsar o emprendemento e a xeración de emprego nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Na mesma liña, puxo en valor iniciativas como os Polos de emprendemento, como o de Ferrol, con máis de 370 proxectos atendidos desde a súa posta en funcionamento en 2022. A delegada autonómica tamén salientou as diferentes convocatorias de axudas como exemplos das políticas da Xunta a prol do fomento do emprendemento.

Os premios de AJE Ferrolterra fomentan a vocación empresarial e recoñecen o traballo innovador.
Os premios de AJE Ferrolterra fomentan a vocación empresarial e recoñecen o traballo innovador.

Finalmente, Aneiros avanzou que, de cara ao próximo ano, a Xunta facilitará e impulsará o traballo autónomo coa simplificación nunha única convocatoria das axudas específicas para este sector, dotada con 40 millóns de euros para 2025. A maiores, matizou que se complementará coas destinadas ao emprendemento neste colectivo, ata superar os 60 millóns anuais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.