PUBLICIDADE

A Xunta avalía vías de colaboración en materia de saneamento en Ares, Fene e Mugardos

PorBisbarra

Venres, 21 Febreiro 2025 , , , , ,
A Xunta seguirá colaborando cos concellos para que poidan exercer as competencias de abastecemento e saneamento.A Xunta seguirá colaborando cos concellos para que poidan exercer as competencias de abastecemento e saneamento.

A Xunta de Galicia e os Concellos de Ares, Fene e Mugardos acordaron avaliar vías de colaboración en materia de saneamento para ofrecer un mellor servizo á veciñanza.

Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse cos alcaldes de Ares, Julio Iglesias; Fene, Juventino Trigo, e Mugardos, Juan Domingo de Deus. Durante a xuntanza, a representante autonómica reiterou o compromiso da Xunta de continuar prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito máis eficiente.

Así pois, no encontro analizaron a posibilidade de que Augas de Galicia estude acometer algunha actuación que minore os caudais de augas residuais destes municipios. Asemade, a conselleira animou aos rexedores a solicitar algunha das diferentes liñas de financiamento que o organismo de conca convoca co obxectivo de axudar aos concellos a ofrecer un servizo de calidade á cidadanía.

PUBLICIDADE

De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe este ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 millóns de euros. Esta contía destinarase a seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.

O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento. Ademais, preténdese apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.