PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta concede máis de 57.000 euros a Cedeira e Ares para corrixir impactos paisaxísticos

PorBisbarra

Xoves, 28 Novembro 2024 , , ,
Aneiros visitou dous lavadoiros en Cedeira, obxecto de actuacións para corrixir impactos paisaxísticos.Aneiros visitou dous lavadoiros en Cedeira, obxecto de actuacións para corrixir impactos paisaxísticos.

A Xunta de Galicia subvenciona con 57.523 euros varias actuacións de corrección de impactos paisaxísticos nos Concellos de Cedeira e de Ares. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, comprobou esta mañá os traballos levados a cabo en dous lavadoiros do municipio. Para estes labores, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático achegou 20.000 euros.

Os traballos consistiron na roza do perímetro de ambas infraestruturas, cubrición das placas de fibrocemento con tella do país, substitución de caños de saída de auga, pavimentación do recinto e chapado de pedra da zona de paramentos verticais, entre outros.

DOUS MILLÓNS DE EUROS EN 2025 PARA CORRIXIR IMPACTOS PAISAXÍSTICOS

A delegada territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de apoiar aos municipios neste tipo de actuacións de conservación. Así, avanzou que o próximo 2025 o Goberno galego habilitará dous millóns de euros para continuar apoiando o desenvolvemento de actuacións de fomento do fermosismo e da protección da paisaxe en toda a comunidade autónoma. Neste sentido, un millón irá destinado para actuacións de Concellos e outro para melloras de particulares.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aneiros lembrou que no caso dos apoios a Concellos, están dirixidos aos de menos de 20.000 habitantes e contan con dúas liñas de axudas. Na primeira serán subvencionables as obras de renovación e finalización exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramentos de inmobles municipais. No tocante á segunda, cubrirá as actuacións de mellora do aspecto de conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros, palcos de música, hórreos e outro tipo de equipamentos públicos.

No que respecta ás axudas a particulares, que cobren ata o 70% do orzamento subvencionable, estas poderán destinarse a actuacións en fachadas, cubertas e muros de peche. A convocatoria deste ano introduciu como novidade a posibilidade de financiar a retirada de elementos adxacentes que prexudiquen a imaxe ou causen algún impacto nos ben nos que se pretende intervir.

Na convocatoria deste ano se aprobaron axudas a un total de 346 particulares e 50 concellos, 11 deles na provincia da Coruña. Desde a posta en marcha da iniciativa no ano 2021 a Xunta de Galicia apoiou con 9,5 millóns de euros a máis de 110 entidades locais e 2.100 familias na execución de actuacións para a mellora da imaxe exterior dos seus inmobles.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.