PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta destina 62.000 euros a proxectos de conservación nas Fragas do Eume

PorBisbarra

Venres, 3 Xaneiro 2025 , , ,
Martina Aneiros visitou o o aparcamento disuasorio das Fragas do Eume, en Cabanas.Martina Aneiros visitou o o aparcamento disuasorio das Fragas do Eume, en Cabanas.

A Xunta de Galicia destina preto de 62.000 euros en axudas aos Concellos de Cabanas e As Pontes para impulsar proxectos de conservación e posta en valor do Parque Natural Fragas do Eume. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, avanzou estas axudas destinadas a parques naturais de Galicia durante unha visita ao aparcamento disuasorio das Fragas do Eume, construído na parroquia de Soaserra, en Cabanas. Fíxoo acompañada do alcalde da localidade, Fernando Couce.

Esta iniciativa contou cun investimento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de 32.810 euros. Así, permitiu a reforma completa do firme do estacionamento cun pavimento adecuado e a reorganización das prazas existentes para unha mellor xestión do espazo. A actuación tamén incluíu a instalación de pavimento de céspede armado no perímetro e unha ornamentación vexetal para mellorar e poñer en valor a instalación.

Martina Aneiros explicou que, a través desta orde dirixida tamén a particulares, asociacións e empresas, o Goberno galego subvenciona iniciativas destinadas á conservación e restauración da biodiversidade. Resaltou especialmente as orientadas a mitigar os efectos do cambio climático, á mellora da conectividade ecolóxica da fauna e a flora, á restauración de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da súa paisaxe e á creación ou mellora de infraestruturas para a xestión de usos recreativos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Lembrou que a través desta orde concedéronse preto de 1,4 millóns de euros. No caso dos municipios, as contías a recibir foron dun máximo de 40.000 euros por proxecto. Ademais destacou como principal novidade da convocatoria de 2024 a posibilidade de subvencionar tamén campañas de concienciación medioambiental e actividades informativas e de sensibilización relacionadas con calquera dos seis parques naturais galegos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.