PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

San Sadurniño sortea nove cestas entre case 20.000 papeletas de “Polo Nadal, consumo local”

Na campaña de promoción do local no Nadal sorteáronse nove cestas valoradas en 840 euros.Na campaña de promoción do local no Nadal sorteáronse nove cestas valoradas en 840 euros.

O Concello de San Sadurniño realizou no salón de plenos o sorteo dos lotes de produtos da campaña “Polo Nadal, consumo local”. Nesta iniciativa de promoción do comercio e servizos locais participaron 31 establecementos, que repartiron 200 talonarios de papeletas no mes de decembro. Así, sorteáronse seis cestas valoradas en 70 euros cada unha e tres de 140 euros.

O concelleiro responsable da área de Desenvolvemento local, Manolo Varela, destacou a alta participación na campaña. “Este ano entraron na rifa un total de 200 talonarios, 94 correspondentes a compras por un valor inferior a dez euros e 106 con papeletas por compras superiores a esa cantidade”. Así pois, son cincuenta talonarios máis que na campaña do Nadal 2023.

O edil salientou que as cestas están conformadas por produtos comarcais e locais da máxima calidade. Tras contactar coas persoas agraciadas, o acto de entrega dos agasallos terá lugar o hoxe ás 12:00h na Casa do Concello.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.