PUBLICIDADE

A Xunta e Cariño realizan unha valoración estrutural do centro de día

PorBisbarra

Martes, 20 Xaneiro 2026 , ,
No informe final determinaranse as necesidades técnicas e económicas para levara cabo as obras do centro de día de Cariño.No informe final determinaranse as necesidades técnicas e económicas para levara cabo as obras do centro de día de Cariño.

O Concello de Cariño e a Xunta de Galicia realizaron unha visita técnica no centro de día municipal. Así pois, a alcaldesa, Ana María López, un técnico da Xunta e o arquitecto David Novo desprazáronse ao edificio para supervisar e valorar o estado e condicións das instalacións.

Durante a visita realizouse unha valoración estrutural precisa para continuar coa elaboración do informe final. Neste determinaranse as necesidades técnicas e económicas para levara cabo as obras. Trátase do paso previo ao estudo de vías de financiamento que permitan realizar o proxecto. “Estamos comprometidos con facilitar aos nosos veciños e veciñas os servizos precisos que lles permitan xestionar mellor o seu día a día en termos de coidados físicos e emocionais”, asegurou a rexedora. Neste sentido, a reestruturación do centro de día é un paso clave.

O proxecto forma parte do plan de melloras dos servizos sociais que ten en marcha o Goberno local para apostar por unha atención máis completa e real para as persoas dependentes. Nesta liña, recentemente o Concello de Cariño aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS+) destinado a gasto social. Esta achega, que ascende a 49.138,45 euros, permitirá cubrir os gastos derivados da prestación dos servizos sociais municipais.

PUBLICIDADE

De feito, este é o primeiro ano no que unha parte do POS+ emplearase para a dotación de recursos materiais. Máis en concreto, para a adquisición de catro guindastres e dous asentos xiratorios de baño. O obxectivo é dar resposta ás necesidades das persoas usuarias con maior grao de dependencia. Asemade, permitirán facilitar o traballo que realizan as profesionais do SAF, mellorando a calidade do servizo prestado e as condicións laborais do persoal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.