PUBLICIDADE

Barbadás organiza obradoiros de memoria

PorBisbarra

Mércores, 21 Xaneiro 2026 , ,
Barbadás iniciou os obradoiros de memoria para persoas adultas no local social de Loiro.Barbadás iniciou os obradoiros de memoria para persoas adultas no local social de Loiro.

O Concello de Barbadás iniciou esta semana en cinco parroquias os obradoiros anuais de memoria dirixidos a persoas adultas. A actividade está centrada na estimulación cognitiva a través de exercicios lúdicos vinculados coa linguaxe e cos números. O obxectivo é mellorar a memoria dos participantes ao mesmo tempo que se fomenta a socialización.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde e concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Rey visitaron o local social de Loiro, primeira parroquia da actividade. Ao longo da semana sumaranse Sobrado do Bispo, A Valenzá, Bentraces e Piñor.

“Estes obradoiros, que se veñen desenvolvendo dende hai xa bastantes anos, teñen unha gran demanda”, asegura o edil Rey. As persoas interesadas en inscribirse aínda poden facelo a través do teléfono 988 393 168 ou na área de Servizos Sociais. O custe da actividade é de 40 euros por tempada, que remata a finais de ano.

PUBLICIDADE

Os obradoiros están impartidos por persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR) a través dun convenio co Concello de Barbadás.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.