O Concello de Cariño aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS) 2026 destinado a gasto social, cun importe de 49,138,45 euros. Esta achega está destinada a cubrir os gastos derivados da prestación dos servizos sociais municipais.
Neste sentido, o importe destinarase principalmente a garantir o correcto funcionamento dos servizos sociais e a mellorar a atención ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Como novidade, é o primeiro ano no que unha parte do POS+ adícase para a dotación de recursos materiais. Máis en concreto, para a adquisición de catro guindastres e dous asentos xiratorios de baño. A fin é dar resposta ás necesidades das persoas usuarias con maior grao de dependencia.
Estes novos recursos permitirán facilitar o traballo que realizan as profesionais do SAF, mellorando a calidade do servizo e as condicións laborais do persoal.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “este investimento supón un paso importante na mellora dos servizos sociais, apostando por unha atención máis digna e adaptada ás necesidades reais das persoas máis dependentes”. Asemade, sinalou que a intención do Concello é continuar nesta liña nos vindeiros anos, “incrementando progresivamente estes recursos en función das necesidades que nos traslade o departamento de servizos sociais”.



